18 de mar. de 2010

O ROSAL

A DEPUTACIÓN APROBA A CONSTRUCCIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA SINTÉTICA EN A MATA-O ROSAL

- A nova instalación acadará un coste de 500.000 euros dos cales 144.000 serán de aportación municipal

Infogauda / O Rosal
A Deputación de Pontevedra aprobou onte na súa xunta de goberno a construcción dun campo de fútbol de herba sintética en A Mata-O Rosal. O convenio suscrito co concello especifica que a nova instalación deportiva acadará un coste de 500.000 euros, dos cales 144.000 serán aportados pola entidade municipal e o resto, 356.000 euros, pola Deputación.

Este novo campo de O Rosal ven a sumarse ós 47 xa construidos, e plenamente operativos, pola Deputación nos concellos da provincia. O plan acadará a cifra de 70 novos campos de herba sintética na provincia.

Este plan da institución provincial tén a finalidade de fomentar e facilitar o deporte de base e pretende mellorar e ampliar as infraestruturas deportivas da provincia na procura dun mellor servizo ós cidadáns, xa que este tipo de superficie deportiva permite un maior uso e aproveitamento, así como un menor custe no mantemento.

As obras no campo de A Mata, en O Rosal, suporán a instalación de un xogo de porterías de fútbol once, dous xogos de porterías de fútbol sete abatibles, un xogo de bandeirola de córner, bancadas para suplentes, un marcador e 200 asentos. O Concello de O Rosal obrígase, no convenio suscrito, a obter os permisos necesarios e a realizar as obras complementarias de accesos, vestiarios, etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario