O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE IMPLANTA NO CENTRO DE SAÚDE DE A GUARDA O SISTEMA DE TELEDERMATOSCOPIA
Grazas a esta tecnoloxía, os médicos do centro de saúde poden enviar vía dixital a imaxe do pel “sospeitosa” de patoloxía aos dermatólogos do CHUVI, que en poucas horas realizarán unha valoración.
A teledermatoscopia é moi resolutiva en determinadas lesións do pel, e permite o diagnóstico précoz de lesións pigmentadas, do cáncer de pel e doutras enfermidades cutáneas.
Con este novo servizo, dáse un salto cualitativo moi importante na atención ofertada aos usuarios de A Guarda xa que evita os desprazamentos ao seu hospital de referencia e as listas de espera para estas probas diagnósticas.
A Guarda se convirte no primeiro concello da área, trala cidade de Vigo, en dispoñer deste sistema, pioneiro na comunidade galega.
Servicio Galego de Saúde / A Guarda
A xerencia de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo ven de dotar ao centro de sáude de A Guarda dun equipamento de dermatoscopia e un teledermatoscopio, equipo tecnolóxico que permite aos médicos xerais, cando detectan unha lesión do pel sospeitosa de patoloxía, enviala vía dixital aos especialistas en dermatoloxía do CHUVI para a súa valoración.
Así, no dia de onte, o xerente de Atención Primaria da área viguesa, Javier Caramés, e o xefe do servizo de Dermatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, Ander Zulaica, desplazáronse ao centro de saúde de A Guarda onde celebraron unha sesión científica teórico-práctica cos profesionais, na que explicóuselles os protocolos e funcionamento deste sistema ao tempo que realizouse unha demostración do mesmo.
A Guarda se convirte así no primeiro concello da área sanitaria de Vigo en dispoñer desta tecnoloxía. Na cidade de Vigo, pioneira na comunidade galega, ven de ser recentemente implantada nos centros de saúde de Pintor Colmeiro e no da Rúa Cuba. O obxetivo da xerencia de Atención Primaria é extendela, durante este ano, a un total de séis centros sanitarios.
Proba Resolutiva
O funcionamento deste sistema é o seguinte: cando o médico xeral detecta unha lesión do pel ou lunar que puidera ser sospeitoso de patoloxía, a través do teledermatoscopio –microscopio de epiluminiscencia dotado dun sistema óptico que permite obter e enviar unha imaxe vía dixital- envían esa imaxe aos especialistas en dermatoloxía do Complexo vigués. Os dermatólogos, en poucas horas, valoran a imaxe, e descartan ou diagnostican unha patoloxía. No caso de diagnosticar algunha enfermidade, realizan as indicacións oportunas, ben de tratamento ou, cando é necesario, derivación do paciente as consultas de especializada ou realización de probas complementarias.
Así, a teledermatoscopia é moi resolutiva en determinadas lesións do pel, e permite o diagnóstico précoz de lesións pigmentadas, do cáncer de pel e doutras enfermidades cutáneas.
A incorporación deste programa á carteira de servizos da Atención Primaria supón un salto cualitativo moi importante na atención ofertada a poboación, xa que, entre outras vantaxes, evita aos usuarios ter que desprazarse ao seu hospital de referencia así como as listas de espera hospitalarias para estas probas diagnósticas.
Máis capacidade resolutiva da Atención Primaria
Este programa enmárcase no importante esforzo realizado polo Servizo Galego de Saúde para desenvolver medidas que incrementen a capacidade resolutiva da Atención Primaria, e evitar as derivacións innecesarias á atención especializada. Con este obxetivo se están facilitando aos profesionais as ferramentas necesarias, tanto de formación como de equipamentos, para continuar extendendo programas de diagnóstico précoz de enfermidades e de actividades preventivas. Neste contexto, estase a incrementar a dotación aos centros de saúde da tecnoloxía necesaria para que os profesionais realicen técnicas diagnósticas como –ademais da teledermatoloxía e dermatoscopia - ecografía, espirometría, monitorización da presión arterial, doppler e retinografía, que redundan nun incremento da carteira de servizos.
Esto implica unha gran coordinación e integración dos niveis asistencias, entre a atención primaria e a especializada, que nestes momentos é posible grazas á dispoñer dunha ferramental fundamental, a historia clínica electrónica, que posibilita esa comunicación entre ambos niveis.
A aposta por incrementar a capacidade de resolución dos problemas dos pacientes no ámbito dos centros de saúde, mediante a mellora da capacidade diagnóstica e terapéutica dos profesionais deste nivel asistencial, presenta indubidables vantaxes tanto para os pacientes como para o mesmo sistema sanitario .
En primeiro lugar, grazas ao achegamento da atención hospitalaria ao entorno do paciente, evítanse os desprazamentos aos seus hospitais de referencia na medida do posible. Así mesmo, esa mellora de coordinación, evita tamén a duplicidade e repetición de probas.
En segundo lugar, se experimenta un importante impacto na redución das listas de espera de consultas externas e de probas diagnósticas.
A posta en marcha do sistema de teledermatoscopia se ten desvelado como eficiente na axilización dun diagnóstico, diminúe a ansiedade no paciente pola demora do proceso diagnóstico, produce unha redución de custes asociados á visitas sucesivas, e aumentan a satisfacción dos pacientes ao ver reducida a súa espera.

Ningún comentario:
Publicar un comentario