29 de mar. de 2010

OURENSE

EN LEMBRANZA DE ANTONIO ARIAS FERNÁNDEZ



O centro Cultural da Deputación acolleu a presentación do libro “Coplas y romances”, de Antonio Arias Fernández, edición que realizóu a familia en lembranza deste ourensán que vivíu moitos anos fora da nosa provincia e que deixou estes textos como testemuña eterna da súa pegada.

Infogauda / Ourense
A presentación do libro, ao que asistiron numerosos amigos do autor, estivo presida polo Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Xunta de Galicia, Francisco López Rodríguez, polo sobriño maior do autor, Gabriel Fidalgo, e polo director do Centro Cultural, Francisco González.Fidalgo definíu ao homenaxeado coma “mestre” nun senso global do termo porque “era un compendio de educación, de formación, unha enciclopedia, un humanista do século XXI”.Lembrou que aínda que vivíu moitos anos fora de Ourense, un tercio do libro está dedicado a esta provincia, á cidade e a vilas como Celanova, Allariz, Verín, etc.O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura calificou a Antonio Arias coma “un poeta machadiano” austero nas formas pero rico nos sentimentos e que reflicte na súa poesía valores esenciais como amor, morte, solidaridade ou familia, entre outros.
O aspecto xeográfico e descriptivo dalgúns dos seus poemas tamén fixo que o político o identificase con Machado (Campos de Castilla) e que considerase que a súa poesía ben parece “unha guía turística de primeiro orden”. Francisco López Rodríguez rematou a súa intervención coa lectura do poema “Orense” pondo de manifesto tamén o seu carácter reividnicativo, pois pide ao visitante que disfrute de Ourense e se quede, que non sexa un lugar de paso.Antonio Arias naceu en A Cal (Allariz, 1935)pero formouse en Andalucía. En Madrid licenciouse en Xeografía e Historia e exerceu como docente en Velamazán (Soria) e Alcobendas (Madrid. Amante da paisaxe e da fotografía, finou en Madrid, en marzo de 2006, con setenta anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario