A CANTAUTORA MARÍA JOSÉ BAZ PRESENTARÁ "CREPÚSCULO MENTAL", O ÚLTIMO SÁBADO DE FEBREIRO

Infogauda / A Guarda
A cantautora guardesa María José Baz Martínez presentará o sábado 27 deste mes, ás 20.00 h., no salón de actos do Centro Cultural e Social de A Guarda, seu primeiro traballo discográfico que leva por título xenérico "Crepúsculo Mental".
Logo dunha ampla traxectoria artística que escomenzou cando contaba tan soio con 12 anos de edade, María José desexaba entrar no estudo de grabación e algún día non moi lonxano, facer seu debut discográfico. E aquel sono que fai catro anos escomenzou a aniñar no miolo de María José, xa é unha realidade intanxible.
O disco compacto contén unha decena de cancións - unha delas "Padre nuestro de las alas rotas", adicada in memoriam a Jaime Baz, pai de María José - compostas todas elas por María José Baz en base os poemas de Estrella Velasco Sanz (Elfa).
Ademáis da bandexa transparente, o CD é unha galleta serigrafiada a cinco tintas, que reproduce un fermosa fotografía de María José, realizada por Mari Quintero. Tamén se inclúe un libreto con un total de 12 páxinas. Na súa portada, figura un fundido fotográfico no que apreciamos a imaxe de María José Baz coa súa guitarra, sobre un fermoso solpor. Sobre unha panorámica de A Guarda, nese libreto hai un texto da autoría de Chuny Vázquez, amiga de toda a vida de María José; e sobre imaxes de María José, de un solpor, e das tres mozas - coas súas correspondentes reseñas curriculares - que colabouraron musicalmente no disco de xeito totalmente desinteresado, as letras das dez cancións incruídas neste traballo discográfico.
Ademáis da voz de María José, e dos acordes da súa guitarra, o disco contou coa colaboura de Nieves Álvarez González (frauta traveseira), Lucía Alonso Castro (piano e teclados) e Alba Rodríguez Alfonso (violonchelo).
Os arranxos estiveron o coidado de Juan Eiras.
Grabado e mezclado nos estudos "The Pascuas & Ramos" e "Área Máster", o disco foi editado por Autoedita, que fixo realidade este dignísimo traballo de autoedición da própia María José Baz.
Na contraportada do libreto, María José agradece tódolos apoios tanto de amigos - como Juan, Estrella, Alba, Lucía, Nieves, José Luís Lorenzo Rodríguez, Tino Baz, Chuny, Nani Matos, os compoñentes de Algarabía e Antorcha, ...- como de familiares: Súa irmá Ana; Lúa, Juan Luís, María - mai de María José e súa mellor fan -, Elías, Jairo, Lorena,...
María José Baz que en tantas ocasións nos agasallou coa súa voz e coas notas da súa guitarra, tanto en festivais benéficos, como en actos culturais, e mesmo na TV, ..., bríndanos agora este CD que estamos seguros vai contar con unha formidable acollida tanto na Guarda como en todo Baixo Miño e mesmo noutras bisbarras de Galicia.
Parabens María José!
Ningún comentario:
Publicar un comentario