Feijóo: “O Xacobeo, a negociación dos niveis de biotoxina, a situación do sector lácteo, o veto no sector naval e os fondos de cohesión estarán na axenda da presidencia da UE”
· Alberto Núñez Feijóo recibiu á vicepresidenta primeira do Goberno de España, María Teresa Fernández de la Vega.
Foto: Ana Varela
Trasládalle á vicepresidenta do Goberno español a disposición “permanente e sen límites” da Xunta a colaborar para que a Presidencia española “sexa un éxito de todos”.
Galicia contará cun incremento dos fondos transfonterizos.
“Estamos reuníndonos coas organizacións sindicais para actualizar o noso documento de PAC e remitirllo ao Goberno ao obxecto de que poña en valor o sector lácteo como o principal problema que ten neste momento o campo galego”, sinala.
Solicita intensificar as negociacións para deixar sen efecto a variación proposta nos niveis de biotoxinas, impulsar un Plan de acción para loitar contra a pesca ilegal e impulsar a seguridade marítima Transmítelle a De la Vega a necesidade de levantar o veto aos estaleiros da ría de Ferrol e demanda que se realicen as negociacións necesarias no marco da UE.
O presidente da Xunta sinala que, para avanzar na negociación, “me valen o que poñan as leis doutras comunidades que non foran recorridas”
Feijóo: “A vicepresidenta primeira comprométese a realizar unha reunión de xeito inmediato para aclarar, que non recortar, a Lei de Caixas galegas”.
Agradece a disposición amosada pola vicepresidenta primeira a dialogar porque, dixo, “é a primeira vez que o Goberno nos di que está disposto a falar e a abrir unha vía de negociación que a Xunta veu pedindo desde hai semanas”.
“Galicia quere unha fusión solvente das súas caixas e quedo moi tranquilo en que a vicepresidenta insista en que iso é unha competencia de Galicia e en que o Goberno non vai entrar a bloquear ningunha fusión nin ningunha decisión que se adopte polos órganos competentes da comunidade”, asevera.
Amósase confiado en que na xuntanza entre Administración autonómica e estatal se realice un traballo “serio, sólido e sen apriorismos” no que se ditamine se a Lei de caixas da comunidade invade a Constitución tomando como referencia “o resto de leis de comunidades autónomas”.
Destaca a vontade da Xunta “para acordar, non para recortar, senón para explicar, cos textos na man”, as posibles diferenzas entre a lei de caixas galega e as do resto das comunidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario