DOMINGO 7 DE FEBREIRO, ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DO RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS
Infogauda / A GuardaEste domingo, 7 de febreiro de 2010, ás 17.00 h., en primeira convocatoria, e ás 17.30 h. en segunda, a Xunta Directiva da Sociedade Recreo Artístico Guardés, convoca a seus asociados, a unha Asamblea Xeral Ordinaria, co seguinte orde do día:
1º.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asamblea Xeral Ordinaria anterior.
2º.- Memoria da xestión da Xunta Directiva durante o ano 2009.
3º.- Lectura e aprobación, se procede, do balance económico do ano 2009.
4º.- Orzamentos para este ano 2010.
5º.- Continuación, se procede, da suspensión, por un ano máis, da cuota de alta.
6º.- Rogos e preguntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario