6 de feb. de 2010

A GUARDA

XA BASTA DE XUNTANZAS ESTÉRILES


En relación o problema suscitado coa anulación das licenzas urbanísticas, e logo de varias voltas e reviravoltas do presidente da Corporación Municipal de A Guarda, que a día de hoxe non supuxeron avance de ningún tipo, e probablemente non o suporán a curto, medio nin a longo prazo, polo que xa vai sendo hora de que cada quén crarexe súa postura, a fin de evitar xerar falsas expectativas que non conducen a ningures, o concelleiro portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, Celso Rodríguez Fariñas, ven de presentar no concello de A Guarda (Rexistro de Entrada nº 772 do 05 de Febreiro do 2.010) un documento no que dí o seguinte:
Celso R. Fariñas, Portavoz de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
EXPÓN:
Que habendo recibido o séu escrito con Rexistro de Saída nº 434 do 04.02.2010, polo que convoca os Portavoces a unha xuntanza para o día 05.02.2010 as 20,00 horas, por medio da presente, SOLICITAMOS:
1º).- Tal e como temos feito de palabra como por escrito polo rexistro municipal, reclamamos un INFORME ESCRITO do Xurista do Concello sobre a viabilidade das peticións feitas polos afectados.
2º).- Tal e como reflexamos no noso último escrito, R/E nº 609 do 02.02.2010 INFORME ESCRITO do Departamento de Urbanísmo sobre a VALORACION MATERIAL DOS INMOBLES E DANOS co inicio de expedientes de RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL, cando menos o das sentencias xa ejecutadas, para poder falar de números concretos.
3º).- INFORME sobre o estado actual dos expedientes e situación xurídica de cada procedemento.
Consideramos unha perda de tempo unha nova xuntanza sen documentación e propostas concretas, xa que se repite e volve a repetir o mesmo que se ten falado dende a primiera xuntanza.
POR TODO ELO:
E necesario dispor da documentación a que facemos referencia denantes de calquer convocatoria de novas reunións. Unha vez recibida dita documentación e cún plazo de varios días para o estudio da mesma, será o momento axeitado para manter calquer tipo de encontro de Portavoces e chegar a acordos para transmitirllos a asociación de afectados.
Namentras non dispoñamos dos informes e demáis documentos, o Grupo Municipal de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, NON ACUDIRÁ A NINGUNHA XUNTANZA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario