RUMORES

Pasiño a pasiño, estamos cada día máis preto do plan de tráfico, xa nos están a poñer máis zonas azuis, ainda que sen darnos alternativas de aparcadoiro. A ver se temos sorte e en dúas ou tres lexislaturas máis, e con maioría absoluta igual que esta conseguimos que o fagan....
Agora só falta, que o noso edil responsable do tema, intente poñer en funcionamento a estación de autobuses, porque para iso se supón que é ou non?, e non permita dese xeito que os coches de ATSA usen a fronte do Ás de Copas como aparcadoiro privado, deixando algunhas veces o autobús en espera máis de 20 minutos, ou o tempo dun café no bar, entorpecendo así todo o organizado sistema de tráfico que tanto se esmera en propiciarnos o noso concelleiro. Ou é que o seu irmán, o gran conxurador da queimada non está de acordo có cambio?
Imos para tres anos de goberno e circular pola Guarda segue sendo caótico, especialmente en verán, o único que sí circula e con exceso de velocidade, é o rumor de que entre o xefe da corte e o concelleiro de tráfico, as relacións están con cepo.
Térase decatado o xefe, de que nun bar da Galicia moi frecuentado polo outro edil, se lle oíu dicir que estaba canso de estar en segundo plano e de que lle oculten cousas que resolven da dous durante as comidas na outra beira do Miño?
Cada vez hai menos sitio onde aparcar, pero os rumores, unha vez aparcados, e se son certos como neste caso, non entenden de zonas azuis, e se instalan para quedar na memoria de todos...
Como agasallo e por única vez …
POEMA ETÍLICO
Ribeiro, Albariño e Rioja,
Ribeiro, Albariño e Rioja,
Compiten a ver quen manda,
mentres os outros viñedos,
non teñen nome nin fama.
Os primeiros sáennos caros,
os outros pouco ou nada.
Algún parecése ao viño
pero é soamente limoada.
A nós, simples mosquitos,
tan só nos queda a auga..
Zzz…MOSQUITO CAPÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario