7 de feb. de 2010

CAMPOSANCOS

ESQUERDA UNIDA PROPÓN MELLORAS NO TRÁFEGO RODADO EN CAMPOSANCOS

Esa é a rotonda é o muro os que se refire a moción de Esquerda Unida
O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Que na Rúa Palomar, (Camposancos) existe unha rotonda xunto o Muro dos Xesuitas, con sinais de tráfico mal colocadas o que pode ocasionar algunha equivocación as persoas que non conhecen o lugar, e polo tanto accidente de tráfico.
Dende EU creemos que é necesario que só sexa de sentido único para baixar, dende a Rotonda ata Avda. de Portugal e con subida pola Rúa dos Xesuitas, agora chamada Rúa Irmás Galdó.
Esta estrada, agora é ruta de peregrinación, polo tanto o Concello tería que tomar medidas para que os caminhantes e vehículos circulen con mais seguridade.

SOLICITAMOS:

Que o Concelleiro de tráfico faga un estudo, e dé a orde para realizar o pintado da rúa xunto a rotonda, e coloque as sinais necesarias para regular a circulación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario