10 de xan. de 2010

A GUARDA

IMAXES PARA A REFLEXIÓN: O CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA OU MONACAL

Reportaxe (fotos e texto): Infogauda

Sen entrar a valorar se o trazado elexido é o axeitado ou non, que tamén habería moito que decir sobor dese particular; novamente traemos a este xornal dixital, algunhas das imaxes que falan por sí mesmas do estado en que se atopa o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal. Na primeira das fotografías, obtida preto da Gudela, podemos comprobar o barrizal polo que deberán transitar os peregriños, dada a inacción dos responsables municipais, moito máis interesados en sairen nas fotos que en axeitar o itinerario alí onde - como neste caso - é necesario. Sobor de todo nos meses de choivas.
Nesta fotografía, tomada preto das Loucenzas podemos comprobar a presenza de entullo de obra, cando o máis axeitado sería retirar ese "material" que non se corresponde co característico desa zoa. Un exemplo máis, de como algúns "pasaron" por alí pero non viron o que había que ver, e porse decontado a correxir o que corresponda.


Máis do mesmo. Cascallos, restos de madeira, entullo,... Non se pode decir que o itinerario do Camiño Portugués pola Costa ou Monacal presente o estado ideal.
Nesta imaxe podemos ollar en primeiro termo a sinal en coor marelo que algúns deixaron no moxón de pedra a carón do camiño, preto da estrada de acceso a Cetárea de Laxe de Cán. Se observamos detidamente á fotografía poderemos observar a presenza de un "atractivo" dese itinerario: un inodoro.
E se súas "señorías" do grupo maioritario do Concello de A Guarda, fosen mínimamente observadoras, deberían haberse percatado que xunto o devandito trebello sanitario, hai evidencias de tratarse de un lugar frecuentado por presuntos consumidores de substancias non permitidas.
¿A qué agardan para deixar ese lugar en debidas condicións? ¿Ou é esa a imaxe que desexamos amosar os camiñantes? Ata o día de hoxe, así foi.
Agardamos que estas imaxes - e outras que pubricamos en días pasados -, sirvan para que súas "señorías" vexan o camiño con outros ollos, e corrixan as deficienzas existentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario