10 de xan. de 2010

GALICIA

Medio Ambiente rehabilita o firme da estrada Fornelos-Loureza por un valor de máis de 300.000 euros


Infogauda / Galicia
Os traballos centraranse na colocación dunha nova capa de rodadura, reposición da sinalización e ampliación dos sistemas de contención de vehículos.
O obxectivo fundamental das obras é a mellora da rede viaria, proporcionando aos usuarios unhas condicións de condución cómodas e seguras.
O prazo de execución da actuación é de catro meses.
A Rede de Comercio Rural Galego incorpora 16 novos establecementos
A Consellería de Economía e Industria ten destinado a este proxecto máis de 1,6 millóns de euros ao longo do ano 2009.
Un total de 35 establecementos xa están adheridos á Rede en toda Galicia no 2010
.
Aberto o prazo para solicitar axudas para ás asociacións de voluntarios de Protección Civil para o ano 2010
Contarán cun importe de 405.000 euros, que se suman a outros 400.000 para o Plan de Atención ao Peregrino.
As solicitudes poderán presentarse nas delegacións territoriais da Xunta de Galicia ata o día 8 de febreiro.
Galicia incorporarase aos encontros de comunidades para o desenvolvemento dos Estatutos de Autonomía

Ningún comentario:

Publicar un comentario