A DEPUTACIÓN INICIA ACTIVIDADES ENCAMIÑADAS Á MELLORA DAS PYMES DA PROVINCIA

Unha achega provincial de case 20.000 euros fará posible iniciar varias accións dirixidas á información, apoio e formación das pequenas e medianas empresas
Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra estableceu un convenio de colaboración coa Asociación de Empresarios da mediana e pequena empresa da provincia de Pontevedra (AEMPE) para levar a cabo unha serie de actividades e accións de información, apoio, divulgación e formación dirixidas ós empresarios de PYMES da provincia. Con este acordo o organismo provincial busca, dun lado elevar o desenrolo e a formación integral deste colectivo como base fundamental para o despegue económico e, doutro, apoiar todas aquelas iniciativas que perseguen lograr a potenciación do emprego.
Neste contexto, iniciaranse tres tipos de accións: ás primeiras van destinadas ós profesionais que pretendan iniciar a súa actividade no ámbito empresarial; ás segundas desenvólvense no ámbito da formación para os grupos ou sectores de empresarios que se vexan inmersos nunha problemática concreta; por último, o terceiro tipo céntrase na realización de toda clase de accións de información para, así, acadar un coñecemento legal técnico e práctico dos sectores empresariais que se vaian consolidando. Como actividade complementaria fomentarase a elaboración de traballos e estudos relacionados.
Dado que o organismo provincial considera que o dinamismo e a competitividade son aspectos fundamentais para poder entrar no mercado global, decidiu facer, dentro deste convenio de colaboración, unha achega de 18.000 euros. Estes, serán empregados pola AEMPE no tratamento de temas tan de actualidade no eido empresarial como son, entre outros: os requisitos administrativos, lexislativos , laborais e fiscais da empresa; formas de colaboración empresarial; normas sobre axudas e subvencións; exportación; Unión Europea; medidas anticrise; etc.

Ningún comentario:
Publicar un comentario