A DEPUTACIÓN ORGANIZA O I CONCURSO PROVINCIAL DE RONDALLAS

Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra fixo hoxe públicas no Boletín Oficial da provincia as bases do I Concurso Provincial de Rondallas “Deputación de Pontevedra” que terá lugar o 3 de xaneiro do 2010 no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI). Con este concurso o organismo provincial pretende colaborar co desenvolvemento e a actividade deste tipo de agrupacións musicais existentes na nosa provincia.
A este concurso poderanse presentar todas as rondallas da provincia que teñan un mínimo de 40 compoñentes e un máximo de 120, ata completar un número máximo de 12 agrupacións. Os premios do concurso serán de 2.500 euros, para o primeiro clasificado; 2.200 para o segundo; e o terceiro percibirá unha contía de 1.900 euros. Ademais, haberá un carto premio de 500 euros destinado ó mellor conxunto de abandeirados. Un dos principais atractivos desta convocatoria é que o resto de rondallas recibirán tamén unha achega de 1.600 euros en concepto de participación.
A posta en escena de cada agrupación non deberá superar ós 12 minutos, a contar dende o momento de entrada do primeiro membro do grupo ata o intre da saída do derradeiro compoñente. A vestimenta, a utilización de instrumentos tradicionais, o repertorio musical ou a coreografía en pista serán algúns dos aspectos que o xurado terá en conta para valorar que agrupacións son merecedoras do recoñecemento en cuestión.
O criterio de selección para discernir quen serán os 12 concursantes é unicamente a orde de inscrición no Rexistro Xeral da Deputación, que poderase realizar ata o 24 do mes de decembro. Para elo, deberase presentar unha solicitude asinada polo representante de cada rondalla, á que se axuntará unha certificación bancaria e a fotocopia compulsada do CIF ou NIF do grupo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario