29 de dec. de 2009

OURENSE

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN VISITA PAZOLANDIA



O Presidente da Deputación, José Luis Baltar, visitou hoxe Pazolandia, acompañado dos técnicos da institución responsables deste evento e do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez.
Infogauda / Ourense

Baltar Pumar comprobou o éxito desta iniciativa da Deputación “a pesares de que ta mén se nota aquí a crise, porque a crise existe realmente e non é unha invención”, aínda que matizou que se notaba en que “antes un rapaz viña tres ou catro veces e agora ven unha ou dúas”.
O político ourensán departíu con varios asistentes e felicitou ó persoal do pazo dos deportes “Paco Paz” polo seu traballo e pola eficacia que ano tras ano veñen demostrando.Respecto á falta de apoio do concello de Ourense a esta iniciativa, por segundo ano consecutivo, Baltar Pumar restoulle importancia e dixo que “a Deputación seguirá sendo leal coas institucións, como foi sempre. A negación de apoio a Pazolandia é responsabilidade súa”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario