A DEPUTACIÓN APROBA ACHEGAS DE 106.000 € PARA INFRAESTRUTURAS SANITARIAS, CULTURAIS E DE SERVIZOS

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe a concesión de subvencións por un importe total de 106.000 euros para a realización de obras en materia sanitaria e de acondicionamento urbano, e outras actuacións destinadas ao ámbito cultural.
Infogauda / Ourense
En concreto, no Concello de Baltar investiranse 50.000 euros para a realización de obras de abastecemento de auga e da área recreativa de Boullosa, e tamén para este concello aprobouse unha subvención por importe de 26.100 euros para obras no acceso ao campo da festa.Polo que atinxe ao ámbito cultural, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou a concesión dunha subvención de 30.000 euros a favor da Fundación Aser Seara, destinada aos gastos do Museo Iconográfico correspondentes ao ano 2009.
Ningún comentario:
Publicar un comentario