4 de dec. de 2009

O ROSAL

O alcalde negouse a solicitar un profesor de Audición e Linguaxe


Un só profesor terá que atender a máis de 60 nenos que necesitan atención especializada

Alberte Alonso Pereira, responsabel do BNG no Rosal
BNG / O Rosal
O comezo do curso escolar deste ano non puido ser máis conflitivo. Á supresión da gratuidade dos libros de texto, sumouse o recorte de profesorado. Este recorte supón no Rosal a supresión dun profesor de Audición e Linguaxe.
Dende hai cinco anos, cada un dos centros, o Suárez Marquier e o CRA María Zambrano, contaban cun profesor desta especialidade. Agora, un só mestre terá que atender a máis de 60 nenos que necesitan atención especializada nos dous centros, o cal suporá unha merma na calidade do ensino que, no caso do CRA, será maior ao estar as aulas repartidas por todo o Concello. Isto motivou que o BNG presentara unha moción no pleno solicitando da Consellaría de Educación o nomeamento dun profesor/a de Audición e Linguaxe para estes centros.
A moción foi rexeitada polo alcalde, manifestando o seu acordo coa redución de profesorado da Consellaría de Educación en vez de defender a mellora na calidade do ensino.

Ningún comentario:

Publicar un comentario