27 de dec. de 2009

OIA

O MOSTEIRO CAISE O CHÁN: O ALCALDE DO CONCELLO DE OIA E A XUNTA DE GALICIA SON CORRESPONSABLES DO SEU DETERIORO


Infogauda / Oia
Encravado n´un entorno natural único, o Mosteiro de Oia é o paradigma máis notorio da insensibilidade institucional, pois a vista de todos están os efectos da incuria e do abandono de todo un conxunto histórico, artístico e monumental, que estáse vindo abaixo co consentimento dos representantes municipais dos veciños de Oia, co seu alcalde á fronte da incapacidade máis manifesta para facerse ouvir diante das instancias correspondentes e unha oposición que cala, o que equivale a decir, que outorga. Por parte da Xunta de Galicia, compre relembrar que nin o anterior goberno bipartito nin o actual, demostraron nada digno de mención. Non chega con aportar uns recursos financieiros para unha actuación puntual, como foi a do campanario da igrexa. Fán falla actuacións que freen o deterioro cada día máis visibel. Fai falla aplicar a lexislación que en materia de patrimonio está en vigor, é o mesmo tempo instar a empresa propietaria a manter con decoro o conxunto, e por suposto, dotar dos orzamentos necesarios para rehabilitar o Mosteiro de Oia e facer dese Ben de Interese Cultural, un verdadeiro centro de atracción cultural e turístico. Hai moito por facer, é a Xunta de Galicia tén o deber de pórse máns á obra. De non face-lo canto antes, o Goberno de Galicia será - xa o está sendo - corresponsable do derrube do mosteiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario