ESQUERDA UNIDA SOLICITA QUE SE FAGAN PÚBLICAS AS CONTAS DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA
O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Alá polo ano 1999 o populista Elías Rebollar como presidente da Festa do Monte Trega, sen dar explicacións aos cidadáns de A Guarda, dos ingresos, gastos e débedas pendentes as organizacións deportivas locais, empresas, etc..., que prestaron servizos, deu unha espectacular espantada.
A partir dese ano retoma a Organización o PSOE como rampla para achegarse ao poder. Crean a Asociación Pedra Furada, que para EU é a COBA DO PSOE, (A Filesa Guardesa), pasan os anos e a día de hoxe os que presumen de transparencia, honestidade, tolerancia, talante, economía sostible etc... non deron contas a cidadanía.
¿Canto tempo seguirán esperando os Guardeses para ver transparencia e honestidade? A Comisión debería salva-la honra cumprindo ca obriga de dar explicacións e xustificar súa xestión.
Como a Comisión das Festas do Monte recibe cartos públicos
DENDE EU SOLICITAMOS:
Que a Comisión de Goberno tome as medidas axeitadas para que a Asociación Pedra Furada fagan públicas as contas das Festas do Monte Trega e as publiquen no libro.
A Guarda a 28/10/2009
Ningún comentario:
Publicar un comentario