30 de dec. de 2009

GALICIA

O presidente da Xunta exerceu como delegado rexio na cerimonia conmemorativa de Translación dos restos do Apóstolo Santiago
· O presidente da Xunta no concerto inaugural do Xacobeo que tivo lugar onte en Mondariz Balneario
Foto: Ana Varela


Infogauda / Galicia

Feijóo pide a protección do Apóstolo para os miles de peregrinos que chegarán a Galicia en 2010 e destaca que a Comunidade se converterá de novo en “centro, principio e destino”.
Pide que a axuda do Apóstolo “chegue a todos os galegos e españois e se estenda a todo o mundo, xerando o entendemento e maila paz”.
“Este país acolledor e aberto ao mundo segue a precisar da túa intercesión para non caer no desacougo e ver na unidade a garantía da súa forza”, destaca.
Salienta a existencia dunha Galicia “forte, democrática e autogobernada” pero lembra que esta terra non se concibe “sen a unidade dos seus homes e mulleres”.
Subliña que, ás portas do ano 2010, “os lazos capaces de xuntar nunha enerxía común a homes e mulleres diversas se teñen convertido nun requisito imprescindible para afrontar os desafíos dos nosos tempos”.
“A España que quere seguir avanzando ata chegar á madurez democrática precisa afianzar unha unidade solidaria entre a súa rica diversidade de territorios”, sinala
Avoga por que Europa siga dando pasos cara a unha maior integración política e económica e por que a Comunidade Internacional faga honor aos seu nome para “mancomunar solucións a problemas de diversa índole”.
COMUNICADO DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA SOBOR DA EMPRESA TÉXTIL MONTOTO

O esforzo negociador da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica permitiu hoxe, despois dunha reunión de máis de tres horas, alcanzar un acordo coas entidades financieiras para o apoio ao plan de viabilidade da firma textil Montoto.
Ler máis.

O Sergas publica o resultado das puntuacións de varios procesos selectivos que tiveron lugar no 2009
En concreto, expón a baremación da fase do concurso de persoal facultativo e tamén as puntuacións provisionais dos exercicios da fase de oposición acadadas polos aspirantes do resto de categorías estatutarias.
Ler máis.

A dotación orzamentaria das axudas para a contratación de seguros agrarios para o 2010 ascende a máis de 6.000.000 euros
As axudas están financiadas pola Administración Central, a través de Enesa, e a Consellería do Medio Rural.
Estas liñas ofrecen novas garantías nos eidos agrícola, gandeiro e forestal para os produtores agrarios.
Ler máis.

Un espectáculo multimedia de fogos de artificio e luz sinalará o inicio do Xacobeo 2010 tras as badaladas do día 31 na torre da Berenguela en Santiago
As badaladas de fin de ano da Praza da Quintana serán por primeira vez retransmitidas a toda España por televisión con motivo do novo Ano Xacobeo 2010.
A continuación, a Orquesta Panorama comezará coa súa actuación na Praza do Obradoiro a xira Xacobeo, que a levará por máis de 220 municipios galego ao longo do Ano Santo 2010.
Ler máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario