3 de dec. de 2009

GALICIA

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, compareceu na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo para dar conta das accións que o goberno desenvolveu durante o secuestro do Alakrana


Rosa Quintana durante a súa comparecencia na comisión
Foto: Conchi Paz

Infogauda / Galicia
A Xunta busca o apoio do Parlamento para traballar co sector pola seguridade dos buques no Índico occidental.
A conselleira aclarou que o obxectivo é evitar secuestros como o do Alakrana”sen buscar trasfondos políticos ou partidistas”.
Rosa Quintana sinalou que a situación podería mellorarse “embarcando efectivos das forzas armadas ou aquelas que determinen os departamentos competentes”.
A titular de Mar anunciou que o goberno autonómico está a definir un protocolo que especifique a acción da Xunta nestes casos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario