UN ESTUDO DA DEPUTACIÓN REVELA QUE A COMARCA DE VIGO TÉN MÁIS DE 1.000 CENTROS ADICADOS Á ATENCIÓN DE PERSOAS
Mentres que Vigo conta con preto de 1.200 centros, Baixo Miño e O Condado, con 165 e 161 centros respectivamente, se disputan o segundo posto a bastante distancia de A Paradanta, con 77Infogauda / Pontevedra
Entre os datos que este estudo arroxou á luz cabe destacar que a área á que se dedican menos recursos e servizos na provincia de Pontevedra é o destinado ós drogodependentes, que solo contan con 97 centros; no polo oposto, á cabeza do ranking, está o eido dos centros educativos, no que se contabilizan máis de 1.000 centros. Nos postos intermedios e en orde descendente, á xuventude se destinan 624centros; 376 van destinados á muller; á infancia conta con 317; na área de atención a persoas maiores existen uns 250; 194 encárganse das persoas con algún tipo de discapacidade; 144 á familia; e, por último, ós colectivos inmigrantes contan cuns 116 centros ós que acudir. Atendendo a distribución por comarcas, Vigo lévase a palma en case tódalas áreas, excepto na de atención á muller, onde O Salnés sácalle unha vantaxe de 6 centros.
Se analizamos a situación nas comarcas da zona sur (Baixo Miño, O Condado, A Paradanta, e Vigo) observamos que Vigo é a que acolle á maioría dos centros dedicados á atención de persoas, uns 1.200 contando tódalas ámbitos de actuación. Deixando a un lado ó xigante olívico que gaña con vantaxe, como é obvio, por mor do seu tamaño, cabe destacar que Baixo Miño e O Condado están bastante igualados, 165 e 161 respectivamente, no que a centros especializados se refire. Neste contexto ambas comarcas empatan no número de centros dedicados á infancia (15) , persoas maiores (10) e familia (5); mentres que Baixo Miño ten a palma na atención a persoas con discapacidade (9), drogodependentes (7) e centros educativos (67) e O Condado se desmarca nos eidos de xuventude (38), muller (20) e inmigrantes.
Todos estes datos foron expostos hoxe no Pazo provincial da Deputación de Pontevedra onde tivo lugar e é terceira reunión do Pacto Local de Emprego Provincial (PLEP) que desenvólvese dentro do marco do proxecto Aquelando 2. Este proxecto, promovido pola Deputación Provincial e coordinado dende o Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, ten como obxectivo primordial facilitar a inserción sociolaboral de persoas pertencentes a colectivos con especiais dificultades de acceso ao mercado de traballo no sector de servizos de atención a persoas.
Na sesión de traballo estiveron presentes algúns representantes das 16 entidades implicadas no desenvolvemento do PLEP no eido dos servizos de atención a persoas. Entre elas atópanse tanto organismos públicos de ámbito supramunicipal (Xunta, Mancomunidade do Salnés, Mancomunidade Intermunicipal dos Vales Ulla-Umia, Mancomunidade Terras de Deza e Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo), como axentes económico-empresariais e sindicais (Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra, Asociación Provincial de Empresarias de Pontevedra, Confederación de Empresarios de Pontevedra, FES-UGT Pontevedra, Obra Social de Caixanova e Obra Social de Caixagalicia) e axentes sociais (COGAMI, Caritas Diocesana de Tui-Vigo e Cruz Roja Española Pontevedra).
A finalidade principal desta terceira reunión de traballo foi definir e concretar o Plan Operativo 2010-2011 do PLEP no eido anteriormente citado. Apoiándose no inventario de recursos e servizos que revelou o “Estudo de prospección de necesidades nos servizos de atención a persoas da provincia de Pontevedra” (realizado pola empresa Estratexia Plus, S.L.), as entidades tiveron que valorar as tres actuacións que consideran máis necesarias acometer. A votación estableceuse entre 25 estratexias propostas para impulsar o sector, que, ó seu tempo, agrúpanse en 5 grandes directrices estratéxicas: coordinación entre axentes, formación e profesionalización, calidade do servizo, diversificación da oferta e información/ sensibilización. Esta proba revelou que para fomentar o emprego de colectivos con dificultades de inserción laboral as entidades consideran prioritarias, en primeiro lugar, ás estratexias enfocadas a impulsar instrumentos de colaboración entre as administracións, as empresas e as organizacións privadas; tamén se lle concede moita importancia ó apoio de iniciativas emprendedoras e a potenciación dos mecanismos de coordinación entre axentes públicos e privados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario