3 de dec. de 2009

GALICIA

A secretaria xeral da Igualdade destaca a dobre discriminación que sofren as mulleres con discapacidade


· Marta González na sede de Aspanas
Foto: S.X. da Igualdade
Infogauda / Galicia
A Secretaría Xeral da Igualdade traballará para erradicar a dobre discriminación que sofren as mulleres con discapacidade, por ser discapacitadas e ademais por ser mulleres.
A sociedade ten que tomar conciencia dos problemas que enfrontan as persoas con discapacidade, pero tamén dos beneficios que tería a sociedade coa súa integración en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.
O I Plan integral para Persoas con Discapacidade e o Plan Especial de Emprego para as Persoas con Discapacidade ou en risco de exclusión, da Xunta de Galicia, ten como obxectivo axudar á inclusión social e á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario