23 de dec. de 2009

ENTREGA DE PREMIOS AOS GAÑADORES DO III CONCURSO DE BELÉNS DO CONCELLO DO ROSAL

Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal




O pasado venres 18 de decembro tivo lugar no Centro Social Polivalente a entrega de premios aos gañadores do III Concurso de Beléns organizado pola concellaría de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil do Rosal.
Na categoría infantil-xuvenil o Belén gañador cun lote de libros foi “Outro xeito de mirar a televisión”, presentado polo Grupo de Iniciación Musical da Agrupación Musical do Rosal.
Na categoría adulto os Beléns gañadores - cuxo premio foi un vale de compra por valor de 50 euros para cada un no comercio do Rosal - resultaron ser os presentados pola veciña rosaleira Ana Mª Salaberri Ituarte, con “Rústico” e o guardés José Miguel Márquez Álvarez, con “Labranza Galega”.
A concelleira de Turismo, Ángeles Vicente Manzano, foi a encargada de repartir entre os vencedores os premios deste III Concurso de Beléns do Rosal.




Yolanda González Freitas recibe o premio en nome da Agrupación Musical do Rosal.

Arturo, en representación da súa muller, Ana Mª Salaberri Ituarte, recolle o seu vale de compra de mans de Ángeles, concelleira de Turismo.

Lidia, en nome do seu marido, José Miguel Márquez Álvarez recibe o seu correspondente premio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario