22 de dec. de 2009

GALICIA

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE EXISTEN EMPRESAS ADSCRITAS AO PLAN RENOVE DE FIESTRAS DO INEGA QUE REALIZAN A SÚA PRODUCCIÓN FORA DE GALICIA

EU CONSIDERA INACEPTABLE QUE O INEGA SUBVENCIONE, CON CARTOS GALEGOS, A EMPRESAS QUE TRASLADARON A SÚA PRODUCCIÓN AO NORTE DE PORTUGAL

ESQUERDA UNIDA SOLICITA MAIS GARANTÍAS AO INEGA EN RELACIÓN COAS EMPRESAS ADSCRITAS QUE NON TEÑEN EN GALICIA SU CENTRO DE PRODUCCIÓN ACTIVO


Esquerda Unida a través do seu responsable de economía e traballo, Xosé Henrique González Lago, ven de denunciar que no plan renove de fiestras do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) aparecen adscritos instaladores de carpintería que deben ser excluídos e investigados.

O plan renove de fiestras que pode estenderse a outros plans do mesmo INEGA, debe examinarse e purgarse, xa que logo, neste plan atópanse empresas adscritas que nos últimos anos por mor da profunda crise capitalista que vimos padecendo decidiron trasladar a súa producción e especular no Norte de Portugal, moitas en concreto a fronteiriza Monçao.

O traslado da producción o Norte de Portugal supuxo unha perda de postos de traballo en Galicia e situou en dificultades a moitas pequenas empresas galegas debido a competencia desleal, baixos salarios, incumprimentos de convenios colectivos, xornada laboral, etc. que moitas pequenas empresas galegas veñen sufrindo.

O INEGA non pode admitir como beneficiarios no plan renove de fiestras que incorpora, con cartos públicos, unha subvención de 100 euros metro cadrado a empresas que fabrican o seu producto no norte de Portugal e o venden en Galicia sometendo aos pequenos empresarios Galegos a unha competencia desleal, xa que o producto fabricado en Portugal, e un producto baixo en costos laborais.


Se as subvencións saen das arcas publicas da Xunta, estas deben de recaer en empresas que cumpran as normativas legais e laborais da nosa comunidade, excluíndo calquera empresa que non teña en Galicia o seu centro de producción en activo de acordo coa súa facturación diaria, e coas cotas satisfeitas na seguridade social por traballador/a.

Un dos casos que esta pasando e a dobre nacionalidade ou duplicidade de empresa en ambos países, algunhas empresas que manteñen o nome comercial en Galicia pero a súa fabricación realízase en Portugal.

Tamén se observan que nese listado do INEGA aparecen empresas instaladoras, que compran as fiestras en Portugal e as venden en Galicia, co resultado anteriormente xa denunciado.

Esquerda Unida de Galicia esixe o PP que dote de medios necesarios o INEGA para investigar a tódalas empresas adscritas e evitar así un fraude continuo nas subvencións as que se acollen as empresas. A supervisión destas empresas permitirá que moitas empresas galegas cumpran cos Convenios Colectivos e sobre todo impulsen a contratación para a diminución do Paro en Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario