MESA REDONDA EM VIGO: AS AGRESIÓNS AMBIENTAIS NA RÍA

(Remitido)
MESA REDONDA: AS AGRESIÓNS AMBIENTAIS Á RÍA DE VIGO
Intervirán:-- Manuel E. Garci, biólogo e realizador submarino
-- Jaime Peón, profesor da Universidade de Vigo
-- Evaristo Fernández, Patrón Maior da Confraría de Cangas
-- Santiago Palas, biólogo
Sábado 7 de novembro ás 19:00 horas
No auditorio do antigo Reitorado
Rúa Areal 46, Vigo
Organiza: A RÍA NON SE VENDE
Os elevados niveis de contaminación da Ría de Vigo, unidos ó alarmante proceso de destrución da paisaxe e da natureza no seu litoral, constitúen a principal preocupación e a razón de ser desta rede de colectivos que chamamos A RÍA NON SE VENDE
A constante construción de recheos, portos deportivos, peiraos e outras modificacións artificiais da costa, están producindo un grave dano ao delicado equilibrio ecolóxico da Ría, poñendo en perigo a súa extraordinaria riqueza e diversidade biolóxica. Significan tamén, polo tanto, un grave risco para o noso principal recurso natural: a riqueza marisqueira e pesqueira do Mar de Vigo.
Foi esta fonda preocupación a que nos moveu a buscar a presencia de técnicos, profesores e xentes do mar para reunilos en torno a unha mesa co obxecto de intercambiar opinións, ideas e coñecementos na percura das urxentes solucións que nestes momentos difíciles a Ría necesita.
O acto servirá tamén como presentación da
MANIFESTACIÓN
Que baixo o lema:
Massó, Bouzas, Areal, Teis, Chapela... OS RECHEOS MATAN Á RÍA
Terá lugar en Vigo o próximo sábado
14 de novembro ás 19:00 horas
Desde a Praza dos Cabalos (Gran Vía)
á Praza da Estrela (Autoridade Portuaria)
Convoca: A RÍA NON SE VENDE
Apoiam: PLATAFORMA EN DEFENSA DA ENSEADA SAN SIMÓN E CONFRARIA DE MARIÑEIROS DE CANGAS.
Terá lugar en Vigo o próximo sábado
14 de novembro ás 19:00 horas
Desde a Praza dos Cabalos (Gran Vía)
á Praza da Estrela (Autoridade Portuaria)
Convoca: A RÍA NON SE VENDE
Apoiam: PLATAFORMA EN DEFENSA DA ENSEADA SAN SIMÓN E CONFRARIA DE MARIÑEIROS DE CANGAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario