¿QUÉN COIDA DO NOSO PATRIMONIO?
Dende fai algún tempo, os veciños veñen reclamando o cuido, arranxo e mantenemento do Cruceiro Pinto, sen que a día de hoxe, se teñan tomado medidas o respecto.Os golpes dos vehículos, están rompendo as pedras do sillar, e provocando a separación das mesmas, co risco que esto poide ocasionar a un dos cruceiros máis emblemáticos do noso pobo.
O anterior, sumado aos síntomas de deixadez e abandono, co crecimento de herbas nas súas xuntas e arredores, a perda de color nos séus símbolos e demais mostras que se poden ollar nel, fan que cada día que pasa, a situación sexa máis delicada e poña en perigo a estabilidade e conservación do mesmo.
Dende Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a solicitar do Concello, e concretamente do Concelleiro de Patrimonio, que de inicio de xeito inmediato aos trámites necesarios para recuperar esta peza histórica do noso pobo.
A Guarda, a 06 de novembro do 2.009
Celso R. Fariñas
Concelleiro-Portavoz
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
Ningún comentario:
Publicar un comentario