6 de nov. de 2009

A GUARDA

O PP da Guarda denuncia que as obras que o Ministerio de Medio Ambiente realiza na praia da Lamiña “danan seriamente” este espazo, incluído na Rede Natura 2000


Os populares aseguran que as obras provocaron desperfectos nas dunas e no areal e que ocasionan molestias innecesarias aos veciños

· Os deputados do PP pola provincia Ana Pastor, María Ramallo e Jesús Arca, preguntaron no Congreso pola situación e esixen garantías de que non se perxudica a actividade pesqueira

Infogauda / A Guarda
O PP da Guarda, ao coñecer a actuación que se estaba a producir na praia da Lamiña e ante o escurantismo e a falta de información achegada polos organismos competentes, e en especial ante o cómplice silencio do goberno do Sr. Freitas, puxo en coñecemento e requeriu o apoio dos deputados do Partido Popular no Congreso dos Deputados co fin de que mediasen e interpelasen ao Goberno a garantir a total seguridade e protección medioambiental e socioeconómica dunha zona tan importante e delicada da comarca do Baixo Miño. Aínda que entendemos que o dragado do río é necesario para a navegabilidade do transbordador, as medidas que hai que tomar xunto coa elección do lugar débense facer con moita precaución.
Ante esta petición, a voceira do PP nesta localidade, Fátima Iglesias, salientou a resposta dos deputados pontevedreses no Congreso, mostrando un enorme interese e preocupación por unha zona que todos coñecen ben, e nos próximos días teñen previsto realizar unha visita á zona co fin de observar en primera persoa a actuación alí levada a cabo.


CONGRESO

Os deputados do PP pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor, Jesús Pérez Arca e María Ramallo, presentaron varias preguntas na Cámara Baixa, nas que se interesaron pola situación da praia da Lamiña en Camposancos, no concello pontevedrés da Guarda.

O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño está levando a cabo o acondicionamento dos terrenos para un depósito de áridos nesta praia e, dado que o espazo onde se realiza a actuación está incluido na Rede Natura 2000 e declarado como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), os deputados e deputadas pontevedresas do PP queren saber que medidas se adoptaron para a defensa da protección ambiental desta praia.

Ana Pastor, Jesús Pérez Arca e María Ramallo recordan que se está procedendo a explanar o lugar a través da utilización de maquinaria pesada, cemento e formigón para fixar as tubaxes que atravesan a zona, que, ademais, son de considerables dimensións, polo que queren que o Goberno confirme que ditas actuacions non van afectar a actividade pesqueira da zona e que medidas se están adoptando para isto.

Os deputados e deputadas pontevedreses do PP queren que o executivo de Zapatero confirme se existe algún proxecto para a obra do depósito de áridos e que informes e/ou permisos se solicitaron.

Ningún comentario:

Publicar un comentario