A DESIDIA MUNICIPAL MANTÉN A SITUACIÓN DE RUINA E ABANDONO
Dende fai anos, e facéndonos eco das denuncias veciñais, plantexamos no Concello a situación que se estaba dando no Muro, nº 4, con respecto a vivenda que fora propiedade do coengo D. Hermenegildo Pacheco González. (Hoxe dos séus herdeiros).No séu momento, tal e como sinala a legislación vixente, se déu inicio a un expediente de ruina, (despois de preguntar moitas veces na Secretaría do Concello, non se sabe donde está a carpeta de dito expediente, ou polo menos esa é a resposta que temos recibido ata o de agora).
As contestacións que temos levado sobre o asunto en Comisión de Urbanismo polo responsable da mesma e Alcalde, son como para escacharse de risa, si o asunto non fora tan serio. Ou o que é o mesmo de MÁXIMO PERIGO para os veciños que pasan a beira destas ruínas. As risas dalgúns, esperamos e desexamos que non se convirtan en lágrimas se acontece unha desgracia.
Dado que se está na postura de quenes teñen a obriga de velar pola integridade dos veciños e deixando pasar o tempo e alongando o problema, mantendo a máxima de "quen veña detrás que arree", dende o Grupo Municipal de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, o amparo do Decreto 28/1999 do 21 de xaneiro que ordena o REGULAMENTO DE DISCIPLINA URBANISTICA PARA O DESENVOLVEMENTO E APLICACIÓN DA LEI DO SOLO DE GALICIA, que no séu artículo 32, sinala que: "(...) a instancia de cualquier interesado, la declarará en situación de ruína y acordará la TOTAL o parcial demolición, previa tramitación del oportuno (nunca mellor dito e de ahí a súa desaparición, xa que a maioría dos trámites estaban feitos) EXPEDIENTE".
Tendo en consideración que as fotografías que acompañamos, falan por sí soias e que o paso do tempo, así como a proximación da tempada de inverno, entre as choivas e os ventos van seguir deteriorando estas ruínas e farán máis perigosa a situación, vimos a presentar no Concello de A Guarda, unha MOCION que na súa parte resolutiva, dí:Vista a situación en que se atopan os restos da vivenda situada no Muro, 4 que foi propiedade do coengo D. Hermenegildo Pacheco González. (hoxe dos séus herdeiros), e diante dos riscos inminentes que presentan para os veciños que teñen que transitar por ese lugar, o Concello de A Guarda, en aplicación do REGULAMENTO DE DISCIPLINA URBANISTICA PARA O DESENVOLVEMENTO E APLICACIÓN DA LEI DO SOLO DE GALICIA, na súa Sección Segunda, Artígos 32 e seguintes, pola vía de urxencia, procederá a levar a cabo a tramitación oportuna, para proceder ao derrube de dita construcción e evitar os riscos e perigos que representa.
A Guarda, a 06 de novembro do 2.009
Celso R. Fariñas Isabel Lidia González Alonso
Ningún comentario:
Publicar un comentario