ACABOUSE O PLAN SECTORIAL DE VIVENDA
Concelleiro-Portavoz
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
Despois das distintas movilizacións levadas a cabo polos diversos colectivos creados a raíz da presentación do Plan Sectorial de Vivenda Protexida presentado polo anterior goberno da Galiza/Galicia, recibimos a información/confirmación que o mesmo desapareceu dos proxectos do goberno galego.
Nós, dende INICIATIVA VECIÑAL, porque non nos incumbe, non imos a opinar como estaba plantexado noutras localidades, pero o que o PSOE eo BNG querían facer no lugar de Os Bechos, non tiña nín pes nin cabeza.
Un plan que foi diseñado dende o Concello, a espaldas dos veciños propietarios, e como se manifestaba nas alegacións presentadas, entre outras cousas, reflexaba:
a).- O plan reseñado, supón a afectación dún solo rústico e doutro urbanizable, incluído no Solo Urbanizable Non Programado nº 1 (S.U.N.P. nº 1) do actual Plan Xeral de Ordenación Urbana (P.X.O.U.) do Concello de A Guarda, aprobado definitivamente en data do 29.07.1993, cando se está ca tramitación dún novo Plan Xeral.
b).- Que na Planimetría existente no Concello de A Guarda que delimita o S.U.N.P. nº 1 e polo tanto a válida nestes momentos por formar parte do conxunto de planos do P.X.O.U. vixente neste Concello, NON CONCORDA nalgúns dos séus laterais ca delimitación que para este espacio presenta o Plan Sectorial de Solo de Galicia con destino a Vivendas Protexidas.
c).- Que pola Planimetría que acompaña o Plan Sectorial, pódese observar como, tamén se afectan outros espacios, nos que se atopan vivendas consolidadas fora do S.U.N.P. nº 1, como é o casos viais existentes e tamén nos de nova creación, ubicados fora do campo de actuación e en moitos casos, sin existir e sin diseñar a conexión cos camiños e estradas existentes no momento actual.
Un Plan no que non se entendía entendo que a valoración das parcelas se fixera como solo rústico para o séu propietario e logo se procedera a recalificala, multiplicando o séu valor cando pasase a máns da Xunta, o que nos considerabamos que se estba usando e abusando do poder para beneficio de terceiros.
Que non tiña moita explicación que se falase da necesidade de vivendas protexidas, cando na nosa localidade e comarca existen unha boa cantidade de vivendas feitas ou paralizadas dende fai tempo que non teñen saída no mercado e que poderían ser mercadas e postas a disposición de familias necesitadas ou como primeira vivenda para xóvenes en venta ou aluguer por parte da Xunta de Galicia, resolvendo varios problemas, o financieiro das empresas e a creación de postos de traballo, o que conlevaría a facilitar a solución.
Pero non nos enganemos, agora queda ainda moito traballo por facer, os propietarios e os diversos colectivos, debemos seguir coitando, para que o Concello, xunto co Equipo Redactor do novo P.X.O.U., inclúa, como facía naquel momento, a modificación deste espacio para que os veciños de xeito planificado poidan construir as súas vivendas en condicións de parcelación similares as que a propia Xunta ía levar a cabo.
O FIN E O CABO, AO FRONTE DA ELABORACION DO PXOU ESTA A MESMA PERSOA QUE DENDE A XUNTA NALQUEL MOMENTO ÍA A DESENRROLAR AQUEL DISEÑO URBANÍSTICO.

Ningún comentario:
Publicar un comentario