Feijóo destacou a coordinación e a unidade total da Xunta e os concellos para apoiar ás familias dos mariñeiros retidos no Alakrana
O presidente da Xunta reuniuse onte coa Comisión de seguimento do secuestro do Alakrana, na que participaron os alcaldes dos concellos galegos con tripulación no atuneiro.Foto: Xoán Crespo
Infogauda / Galicia
Incidiu en que “era obrigatorio” cancelar a súa viaxe a Miami para “estar ao lado” das familias. “Non había ningún compromiso que o presidente da Xunta tivera máis importante que estar, neste momento, ao lado das familias, dando información e sendo interlocutor co Goberno de España”, sinalou.
Solicitou ao Goberno central “que teña abertas todas as posibilidades para buscar e obter o fin último que non é outro que a volta a casa da tripulación”, resaltou.
Afirmou que na mañá do sábado recibiu unha chamada da vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, para informalo de que o embaixador español en Kenia pasou a ser o negociador cos secuestradores.
Ler máis
Achada unha das maiores poboacións de Erodium maritimum de Europa no Parque Nacional das Illas Atlánticas
O número de exemplares desta planta descubertos no Parque supera os 31.000.
Trátase dunha especie considerada en perigo crítico de extinción en España.
Ler máis
Economía e Industria, a través do Inega, mobilizará un investimento asociado de 5 millóns de euros co Plan Renove de Fiestras, dotado cun orzamento inicial de 1,2 millóns
O director do Instituto Enerxético de Galicia, dependente da Consellería que dirixe Javier Guerra, subliña que con esta nova medida de aforro e eficiencia enerxética destinada á rehabilitación da envolvente térmica das edificacións se prevé que se adhiran á campaña máis de 500 establecementos e que se substitúan fiestras nun milleiro de vivendas.
As axudas, que se poderán solicitar desde o próximo 1 de decembro, serán de 100 euros por metro cadrado de fiestras, cun máximo do 25% do total da obra.

Ningún comentario:
Publicar un comentario