8 de nov. de 2009

TOMIÑO

O BNG logra 1,7 millóns de euros do Estado para recuperar a Fortaleza de Goián
Uxío Benitez , Sandra Gonzalez e Xose Manuel Méndez diante da Fortaleza de San Lourenzo
Infogauda / Tomiño
O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, logrou esta semana que os Orzamentos do Estado 2010 consignen 29 millóns máis de investimentos territorializados para Galiza. Dentro destes acordos que o BNG acadou co goberno do Estado inclúese unha partida de 1,7 millóns de euros para a recuperación do contorno da Fortaleza de San Lourenzo de Goián.
Este feito foi avaliado positivamente en rolda de prensa polo responsable comarcal do BNG, Xosé Manuel Méndez, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o portavoz municipal do BNG en Tomiño, Uxío Benítez. Resaltouse a importancia desta actuación para o desenvolvemento turístico da comarca do Baixo Miño.
O responsable comarcal, Xosé Manuel Méndez, resaltou “a importancia que ten o traballo do BNG no parlamento español para conseguir investimentos para o noso país, e neste caso para a comarca do Baixo Miño”.
Pola sua banda, a alcaldesa de Tomiño felicitouse deste logro do BNG porque “este proxecto é unha das prioridades do goberno municipal e vai permitir o desenvolvemento dunha zona de alto valor paisaxístico, patrimonial, ambiental e de lecer”.
Esta partida orzamentaria executarase a través dun convenio de colaboración entre o Concello de Tomiño e o Ministerio de Cultura e permitirá recuperar o entorno da Fortaleza de San Lourenzo, declarada como Ben de Interese Cultural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario