8 de nov. de 2009

AS NOSAS COUSAS

CUESTIONABLE XESTIÓN DA PRAZA DE ABASTOS DE A GUARDA

A Praza de Abastos de A Guarda: Un bó exemplo de incompetencia municipal



Infogauda / A Guarda



A Praza de Abastos de A Guarda é un triste exemplo da ineficienza na xestión da correspondente concellería - cuio titular goza dunha inmerecida e inxustificada retribución en metálico -, e do própio Grupo Municipal de Goberno do Concello de A Guarda. Non hai máis que achegarse a esas instalacións para decatarse de varias deficiencias: Incumprimento da lei de supresión de barreiras arquitectónicas, carencia de aseos para persoas discapacitadas ou con limitación de movilidade, verquido de augas suxas a vía pública, etc..
Ainda que nestes días andiveron uns operarios pintando as portas de acceso á Praza de Abastos, pola rúa Concepción Arenal, ese traballos non deixan de ser unha actuación a destempo - fai un ano que o Grupo de Goberno tivo unha operaria pintando unha das portas, deixando, paradóxicamente, as outras dúas para esta ocasión -, pero iso é unha maquillaxe que non resolve as verdadeiras eivas que presenta a Praza de Abastos, en cuias instalacións lévanse investido en diferentes épocas e gobernos municipais, unhas cantidades de diñeiro nada desdeñables, pero que non deixan de ser parches. Os verdadeiros problemas seguen sen solucionar, mália que na precampaña das últimas eleccións municipais algúns lles prometesen os titulares dos diferentes postos de venda, o que lles viu en gaña, pero que a día de hoxe non teñen cumprido.
Como a historia da Praza de Abastos semella que vai por entregas, agora veñen a decirlle á opinión pública que van remodelar ás instalacións. Mesmo queren dota-las de aparcadoiros. ¿Cómo pensan face-lo? ¿Onde ubicarán os diferentes postos de venda de productos perecedeiros? Esas, entre outras, son cuestións que algúns deberan espricar e que polo de agora non fixeron. Mesmo teñen a sorte de contar con uns "asesores" que no seu día xa tentaron privatizar a Praza de Abastos, ainda que afortunadamente non o conqueriron.
Desde Infogauda coidamos que alguén poida que ande con verdades á medias, o que segundo o refraneiro popular, "unha verdade a medias, é unha mentira encuberta".
Se queren aproveitar a actual ubicación da Praza de Abastos, é necesario que con carácter previo ás obras á realizar, reubiquen temporalmente - e cumprindo ás normativas en vigor -, tódolos postos actualmente existentes nesas instalacións. Soio así, se pode falar de dotación de aparcadoiros e outros servizos necesarios dos que carece a Praza de Abastos de A Guarda.
Namentras iso non acontece, coidamos que nin un día máis se debera seguer verquendo augas suxas á vía pública. E que ninguén veña con lerias, atribuíndolle a culpa o persoal adscrito a esa labor. A responsabilidade non é deles, que desenvolven súa labor co maior celo profisional, senón dos políticos que deberan correxir esa situación que nada positivo dí dos que gobernan - é un decir - o concello guardés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario