LOUZÁN COMPROMETEU HOXE EN PONTEAREAS QUE O PARQUE DE MAQUINARIA DA DEPUTACIÓN REMATARÁ O ACCESO Ó NOVO INSTITUTO O VINDEIRO LUNS
Unha vez que o alcalde acadou un acordo cos propietarios dos terreos, as brigadas provinciais iniciaron os traballos nunha superficie de 1.500 metros cun investimento de 60.000 euros
Infogauda / Ponteareas
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, comprometeu hoxe en Ponteareas que as obras do acceso ó Instituto de Barral estarán rematadas o luns, unha vez que o alcalde, Salvador González Solla, acadou un acordo cos propietarios dos terreos e que o Parque de Maquinaria da institución provincial iniciase hoxe os traballos.
O Parque de Maquinaria da Deputación iniciou hoxe os traballos do acceso ó instituto de Barral. Cunha inversión de 60.000 euros, levarán a cabo a explanación da zona con zahorra, o afirmado do terreo con áridos, o pavimentado conseguinte, unha capa de rodadura e outras melloras como alcantarillado, etc. As obras afectan a unha superficie lixeiramente superior ós 1.500 metros cadrados.
As brigadas de Obras que a Deputación desprazou a Ponteareas - en vista da urxencia da obra e para non interferir no desenvolvemento do curso académico – traballarán intensamente, incluso o vindeiro fin de semana, para que o luns os escolares e os seus país poidan acceder ó novo instituto con normalidade.
Na súa visita á capital do Condado, Louzán visitou tamén os traballos de construcción do pavillón polideportivo nos que a Deputación está a investir 600.000 euros cunha aportación municipal próxima ós 150.000.
Louzán asegurou que o pavillón estará rematado en torno ó fin de ano e ratificou o compromiso da Deputación con Ponteareas e co deporte pontearán "pois xa construimos os campos de Angoares e Pardellas, agora estamos a piques de rematar este pavillón e nesta liña seguiremos actuando", dixo.
O pavillón de Ponteareas está adosado ó actual pavillón polideportivo de Ponteareas, polo que os traballos consistirán na construcción dunha pista de 45 metros de lonxitude, 30 de ancho e 7 de alto cun graderío pois o resto dos servizos (oficiñas,taquillas, aseos, etc. ), serán compartidos co actual pavillón.

Ningún comentario:
Publicar un comentario