LOUZÁN ANUNCIA UNHA SEGUNDA FASE DO PROXECTO DE ACCESOS Ó MOSTEIRO DE OIA
Na primeira, a Deputación invisteu 439.654 euros, e as obras da segunda dará comenzo o vindeiro ano
Infogauda / Oia
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, anunciou hoxe na súa visita ó Concello de Oia o inicio dunha segunda fase do proxecto de accesos ó Mosteiro de Oia para que as obras poidan comenzar o vindeiro ano.
A institución provincial xa realizou o acceso ó embarcadoiro de Oia que tivo un investimento de 439.654 euros. Esta actuación tivo como obxectivo a mellora integral do tramo de estrada provincial de acceso ó embarcadoiro. Como ese punto era o final da estrada, a Deputación construeu unha glorieta para posibilitar o cambio de sentido e ancheou a plataforma da calzada ata os 12 metros nos accesos á glorieta. Na actuación, instalou asemesmo colectores de pluviais e fecais, renovou o saneamento, a drenaxe, os pavimentos e firmes e o alumeado público.
Este traballo da Deputación tivo que acometerse cun proxecto de adaptación das obras á normativa de Patrimonio por atoparse no entorno o Mosteiro de Oia o que obrigou a soterrar os tendidos eléctricos da zona. Unha vez rematado o traballo, Louzán anunciou hoxe o inicio do novo proxecto para a segunda fase do acceso ó Mosteiro.
Na súa visita a Oia, o presidente da Deputación anunciou tamén a sinatura dun convenio co Concello de Oia para dotar de céspede artificial e acometer diversas melloras no campo de fútbol de A Torna. A institución provincial instalará o céspede e diversas dotacións no campo e o concello construirá o graderío, vestiarios, etc.
Louzán e o alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, repasaron tamén diversos temas pendentes no concello así como algunhas das actuacións que o Concello prevé incluir no Plan Deputación para a Reactivación Económica que concedeu ó Concello de Oia a cuantía de 784.122 euros.

Ningún comentario:
Publicar un comentario