15 de out. de 2009

OURENSE

O DOCUMENTAL UN DÍA NA QUINTA GALARDOADO CO TERCEIRO PREMIO NO OUFF ESCOLA


Olga recollendo os agasallos e diploma que acredita o terceiro premio deste I Certame de cinema
A mestra da Escola de Educación Infantil, Olga Rodríguez, segunda pola dereita, no acto da entrega de premios
Premiados, membros de xurado, presentador, ..., nunha fotografía de grupo.
Informa: Agustín Ferreira Lorenzo / Ourense
Fotografías: Agustín Ferreira Lorenzo
Este martes día 13 de outubro, nun acto que tivo lugar no Auditorio ourensán, déronse a coñecer os premiados do I Certame de cinema OUFF Escola, do XIV Festival Internacional de cine de Ourense. O documental “Un día na quinta” do que son protagonistas os alumnos da Escola de Educación Infantil da Gándara e da sección de xardinería do Centro San Xerome, foi presentado a concurso pola mestra da citada Escola. O filme resultou galardoado co terceiro premio que recolleu Olga Rodríguez, mestra da E.E.I. da Gándara. Os protagonistas de ámbolos dous centros, asistiron este mesmo mércores no Auditorio ourensán ao pase deste o doutros dous filmes premiados, ao que asistiron uns 650 escolares de varios puntos de Galicia. Entre as personalidades que entregaron os premios aos gañadores atopábase Gregorio Ferreiro Fente, quen hai algúns anos traballara no Concello da Guarda en Política Lingüística.


Ningún comentario:

Publicar un comentario