15 de out. de 2009

A GUARDA

SIGUE A PERSECUCION DOS PAIS/NAIS NO C.P. “M.R.SINDE”


Dende que se déu órdenes a Policía Local, o control e dalgunha maneira persecución dos pais/nais cando van a levar ou recoller a séus rapaces a este centro educativo, somentes ten efectividade nos poucos metros máis próximos, xa que unha vez pasada a zona escolar, o caos, abuso (e outra vez demostración da deixadez en canto a buscar solucións) sigue presentente ao longo do resto da rúa Manuel Alvarez, xa que os aparcamentos en doble fila fronte a Clínica e arredores, é unha constante, iso sen falar da doble ou triple que se da constantemente na Plaza de D. Avelino Vicente, o que provoca que moitas das veces, non poidan nen maniobrar os autobuses. Neses lugares, ou a Policia brilla pola súa ausencia ou mira para outro lado, xa que na zona amarilla desta praza, é aparcamento privado para un veciño ou para camións de reparto. Os demáis, así pasa a poli, están sancionados, ainda que sexa cousa de segundos.

Pero, voltando a situación do Colexio Sinde, o máis bonito, é que namentras algún axente ameaza, sanciona ou trata de xeito desconsiderado a algún pai, eles poden incumplir a lei, estacionando o vehículo oficial donde lles peta. Da o mesmo que sexa zona amarela ou espacio reservado de vado. Eles son a Lei, e os demais vasallos, por eso, dende Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, esiximos que sexan os primeiros en dar exemplo, que aparquen nos lugares permitidos como calquer conductor, pero ademáis, que apliquen a mesma normativa para todos, escomenzando (xa que están alí) en facela efectiva ao longo da rúa Manuel Alvarez e proximidades.
Esperamos e desexamos que o Concelleiro liberado de Tráfico, dea pronto unha solución a esta problemática, denantes de que escomencen as chuvias e en vez de que a medida tomada sexa efectiva, non ocasione mayores problemas na zona.

A Guarda, a 15 de octubro do 2.009

Celso R. Fariñas
Portavoz de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
A Guarda


Ningún comentario:

Publicar un comentario