ESTE VENRES ESCOMENZA A II RUTA DA TAPA
Ábaco / A Guarda

NOVIDADES DA CAMPAÑA GASTRONÓMICA
Este venres 16 de outubro terá comezo a II RUTA DA TAPA nos 24 establecementos participantes nesta 2ª edición que organiza a Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios Ábaco.
En horario de 11:00h a 13:30h e de 19:00h a 21:30h, e de luns a domingo, un total de 24 establecementos de hostalaría de A Guarda e O Rosal (Mesón A Parra, Bocatería O Funil, Bocatería O Recuncho, Jamonería Avenida, Tapería O Catre, Café Bar Bergantín, Restaurante Xeito, Pool Chaos, Restaurante Estación Marítima, Restaurante Novo Mira o Miño, Bar O Pasaxe, Restaurante La Granja, Tapería Arruaz, Cervecería Zéntral, Pizzería Brétema, Restaurante Casa do Outeiro, Restaurante The Celtic Harp, Restaurante Casa Chupa Ovos, Restaurante Xantar, Restaurante Juan, Restaurante As Brasas, Café Bar Trastévere, Marouco de Palla e Restaurante O Ribel), disporán, ó prezo simbólico de 1€ ás 24 Tapas participantes nesta edición.
Como novidade, adiantamos a todos os ruteiros que volveremos a repetir o Concurso de Fotografías da pasada edición da II RUTA DO PINCHO con premios para os que nos envíen as súas fotografías participando na Campaña (Lotes de Cervexa Amstel, polos e moito máis). Para participar no concurso de fotografías deberán remitir as fotos ó enderezo electrónico (correo@asociacionabaco.com) xunto cos seus datos (nome, apelidos, lugar de residencia e teléfono de contacto). Todas as fotografías recibidas subiránse ó album web da Asociación ‘ábaco’ en internet (http://picasaweb.google.es/correo.abaco).
Do mesmo xeito, recordamos que para optar ó 1º Premio dunha noite para dúas persoas no Hotel Talaso Atlántico, ó 2º Premio dunha fín de semana nunha Casa Rural da Asociación Agarimo e vales de consumicións, é preciso completar o pasaporte cos 24 selos dos establecementos participantes, para os que depositen os pasaportes coa metade máis 1 dos selos (13 selos) poderán optar ós vales de consumición.
¡Moita sorte e a disfrutar da gastronomía tradicional da comarca!
Ningún comentario:
Publicar un comentario