8 de out. de 2009

OURENSE

BALTAR E O POBO DE XESTOSA RECIBIRON A INSIGNIA DE OURO DE LIMIAR


Infogauda / Toén
Os veciños do pobo de Xestosa (Toén), pola súa actuación colectiva e solidaria no asasinato de Laura Alonso e o Presidente da Deputación, José Luis Baltar Pumar, a título individual,recibiron as insignias de ouro da Federación de Asociacións de Veciños “Limiar”, nun acto celebrado no auditorio e ao que asistiron unhas 500 persoas.
No acto de entrega, o presidente da Deputación fixo un encendido eloxio da actuación veciñal en Xestosa e amosou a súa solidaridade aos pais e familiares de Laura, alí presentes, que foron agasallados cun sonoro e prolongado aplauso.Respecto ao movemento veciñal, Baltar dixo que había que “atender e entender aos veciños” a loubou o labor deste tipo de asociacionismo por ser o máis humilde e buscar o ben colectivo e non o beneficio individual.Estas son as palabras íntegars do presidente da Deputación:“As miñas primeiras palabras teñen que ser loxicamente de gratitude pola concesión desta insignia de ouro por parte da Federación de Asociacións de Veciños “Limiar”.Agradézolle ás persoas que pensaron en min a súa deferencia e ás persoas que respaldaron esa proposta co seu voto o seu apoio. Non pode ser doutro xeito porque de ben nacidos é ser agradecidos e, aínda que un non busque distincións e recoñecementos, sempre é agradable que o propoñan e que o apoien.Esta distinción de Limiar, para min, ten ademais un compoñente especial, porque o asociacionismo veciñal é o eslabón máis humilde e máis xeneroso.O asociacionismo profesional defende intereses propios, pero o asociacionismo veciñal defende intereses colectivos, intereses propios da sociedade, defende o benestar da colectividade e adica tempo, esforzos e traballo de maneira deseinteresada a prol desa colectividade. Quítalle tempo á familia para darllo aos veciños.Por eso, tanto Limiar como as diferentes asociacións de veciños que hai en cada barrio son necesarias. Son o primeiro eslabón para detectar carencias, para ver posibles solucións e alternativas, para sentir e entender aos veciños, que son os cidadánas aos que nos debemos quenes ocupamos responsabilidades institucionais.Dende a Deputación de Ourense sempre consideramos o papel de Limiar como necesario e mantivemos o compromiso institucional de apoialo dende os seus inicios. Penso que lle demos unha estabilidade, sin cuestionar nunca o seu funcionamento, porque eso é algo alleo a nós.As asociacións de veciños e a súa organización colectiva son necesarias, é beneficiosa para a sociedade e os poderes públicos debemos ser o suficientemente intelixentes como para atendelos e entendelos.Penso que quen se alonxe do movemento veciñal alónxase, en definitiva, dos seus veciños, alónxase da realidade que o rodea e fuxe dunha realidade que lle pode ser incómoda.Pero, os responsables públicos non podemos buscar a comodidade, nin a complacencia. A crítica e a discrepancia entran dentro da normalidade de cada día.O que debemos buscar é a eficiencia, a eficacia, aportar traballo e solución saos problemas dos que nos rodean, porque somos os que temos a responsabilidade e os recursos para facelo.Escoitemos ós veciños e a todos nos irá mellor, moito mellor.Moitas gracias.”O acto contou coas actuacións das "Cantareiras de Vistahermosa", "Agrupación Agarimo", a coral polifónica "Auria Canta" e "Queixumes dos pinos".

Ningún comentario:

Publicar un comentario