25 de out. de 2009

O ROSAL

MILA CASTRO: UNHA ARTISTA VOCACIONAL



Ricardo Rodríguez Vicente / O Rosal


Milagros Castro Fernández (Laias – Cenlle, 1953), é filla de emigrantes. Viveu case toda súa vida fora da Terra Nai. Caracas, a capital venezolana foi a metrópoli onde Mila e súa família estiveron radicados por motivos laborais. Ali naceron seus irmáns Manolo e Antonio.
Logo de retornaren á Galicia, Mila escomenzou - en 1982 - a pintar. Ninguén lle ensinou nin as técnicas nin os materiais. Foi algo que xurdiu espontáneamente dela. Polo tanto é unha autodidacta total. Pintar e súa afección principal.
Os primeiros cadros de Mila están na casa de seu pai e na de seu irmán. Até o de agora nunca expuxo, pero estamos seguros que máis cedo que tarde, poderemos ollar na vila do Rosal – onde fixou súa residencia familiar - unha mostra das creacións de Mila Castro.
Dibuxa moito a lápis carbón - e tamén de cores -, así como a tinta chinesa. A temática de Mila Castro é moi variada: Gatiños, frores, paisaxes, árbores, composicións xeométricas,..., son, entre outras, as preferenzas artísticas desta creadora, que non refuga calquer outro tema que lle veña á mente n´un determinado intre.
Tamén pinta ao óleo. Desde o conxunto etnográfico os Muiños do Folón até paisaxes de inconfundibel estilo naïf.
Mila Castro tén moita sensibilidade e inquedanzas artísticas non lle fallan. E si tén que elexir, prefiere a liberdade creativa - como as formas xeométricas, repretas de vivos coores -, a outras propostas. De tódolos xeitos, ela non refuga ningún reto, abordándoo con decisión, e dese xeito logra sair airosa.
Ademáis Mila Castro non soio dibuxa en papel e pinta sobre lenzo, senón que súas creacións van máis aló do habitual, e mesmo tén deixado súa impronta persoal en prendas de vestir que levan a súa arte sobre os tecidos téxtiles.
Tamén pinta sobre envases de vidro, dándolle súa impronta inxenuista, que os eleva a categoría de obras de arte.
Mila é unha muller de inquedanzas e ademáis de vontade. Porque ademáis do ánemo de escomenzar tén tamén, a groria de concluir.
En definitiva, Mila Castro é unha artista vocacional. Ogallá que axiña poidamos ollar exposta súa obra. Coidamos que bén o merece.

Ningún comentario: