15 de out. de 2009

A GUARDA

OFRENDA FROAL NA FOSA COMÚN DE SESTÁS DO SINDICATO DE PENSIONISTAS E XUBILADOS DE COMISIÓNS OBREIRAS DE VIGO - BAIXO MIÑO

Infogauda / A Guarda

Promovida polo Sindicato de Pensionistas e Xubilados da Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo-Baixo Miño, o mediodía deste xoves día 15 de outubro tivo lugar unha ofrenda froral na Fosa Común de Sestás (A Guarda), acto o que - o igoal que en edicións precedentes - asistiron dirixentes da referida central sindical, afiliados, simpatizantes, autoridades municipales e veciños de A Guarda.
Compre salientar que na devandita fosa común xacen os restos mortais de varios republicanos - naturales de varias provincias españolas - que foran capturados no Frente de Asturias polas tropas franquistas e posteriormente estiveran presos no Campo de Concentración de Camposancos, que os rebeldes imprantaron no vello colexio dos Xesuitas, na Pasaxe. Sen ningunha garantía xurídica nin procesal, os presos cuios restos mortais atópanse na Fosa Común Común de Sestás, foron fusilados a carón das taipas do cemitério parroquial. A pesares do tempo transcorrido desde aquela, en ningún intre foron esquecidos polos cidadáns de A Guarda. Finalmente, a proposta do republicano galeguista Xoán Noia Xil, que lle encomendou os dirixentes de Comisións Obreiras, de A Guarda, a dignificación dese lugar, foron levadas a cabo as correspondentes obras que foron sufragadas por suscripción popular, así como polas aportacións efectuadas polos concellos da conca mineira e o Goberno do Principado de Asturias e o Concello de A Guarda, así como pola venda e subhasta de obras doadas por varios artistas galegos e as achegas económicas de toda a estructura do própio sindicato de CC.OO. a nivel estatal.
A Fosa Común de Sestás é un lugar o que acuden familiares dos demócratas que deron súas vidas a prol da Democracia, a Libertade e a República, así como un espacio de respecto á memoria histórica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario