14 de out. de 2009

A GUARDA

DEIXADEZ E ABANDONO NA PRAZA DE SANTO DOMINGO

Namentres por unha banda, adícanse a organizar actos de exaltación e de cofraternidade (tan duramente criticados cando eran oposición) ca capital dominicana, nos que non se paran en gastos de todo tipo, algúns como o que pronto van levar a cabo, non ten moitas explicacións, salvo a presentación do selo feito alén dos mares.



Os visitantes e veciños que queren chegar ata a Praza adicada a Capital dominicana, atópanse con todo tipo de atrancos e cun espectáculo que fire nos ollos, xa que aparte das pedras postas nunha rúa que foi inagurada polo Concello e que da acceso a dita Praza, atópase en total estado de abandono, sen rematar e con algúns anacos xa desnivelados ou rotos.

Din que unha imaxe (iso é o que queremos mostrar) vale máis que mil palabras, a realidade está ahí a vista de todos e si existe algunha dúbida, ten fácil acceso para o veciño que queira confirmalo.
O mantenemento de ditas instalacións brilla pola súa ausencia e sirve de crítica a quenes nos visitan para dar a súa opinión sobre o noso pobo.
Dende Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a reclamar o adecentamento e apertura dese espazo de maneira inmediata, e non que se fagan pequenos apaños cando se vai celebrar calquer acto neses instalacións.

A Guarda, a 14 de outubro do 2.009

Celso R. Fariñas
Portavoz Municipal
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL

Ningún comentario:

Publicar un comentario