9 de out. de 2009

A GUARDA

SOLUCION A PROBLEMÁTICA DO SINDE



Levamos dous días en que o descontrol e despelote provocado por quen impartiu as órdenes, están provocando un caos aos pais/nais que levan a seus fillos ao Colexio Público M.R. Sinde, o estar repartindo a Policía Local unha nota que textualmente dí: A POLICIA LOCAL INFORMA, QUE DEBIDO O PERIGO QUE ESTA SUPOÑENDO PARA OUTROS USUARIOS, DO USO ABUSIVO DO ESTACIONAMENTO EN DOBLE FILA NA ENTRADA E SALIDA DOS NENOS NO COLEXIO M.R.SINDE DENDE MAÑAN DIA 08 DE OCTUBRO PROHIBESE O ESTACIONAMENTO DESTE XEITO, EN CASO DE INCUMPLIMENTO SE APLICARA A SANCION CORRESPONDENTE.
Dita Circular non está asinada por ninguén, pero é obvio que en calquer lugar está prohibido estacionar en dobre fila.

Agora entendemos o porqué é un despelote o tráfico no noso pobo, namentres non haxa unha circular, podemos aparcar donde e como queiramos, sempre que non sexa na zona azul, pois nestes espacios, como te pases uns minutos, caente enriba un ou dous policías.
Si a situación no Colexio M.R.Sinde chegou a esta situación, ten un solo nome, a deixadez levada a cabo pola propia Policía Local e por quen ten a responsabilidade política de organizar o tráfico.
¿Cantos anos leva acudindo un ou dous policías as portas do colexio Sinde nas horas de entrada e saída de clases? A situación actual ven de non organizar o tráfico e os espacios nesta zona. Denantes de prohibir, habería que darlle unha solución aos pais/nais cando van levar a seus fillos o cole, especialmente nas datas do inverno, xa que o mal tempo e as choivas, obrigan a acercarse o máximo posible a esas dependencias educativas.
Diante desta situación, temos varias preguntas que facernos: ¿Non pensan tomar as mesmas medidas diante da Clínica donde se aparca en dobre ou triple fileira? ¿E que seguindo pola mesma rúa ata a Praza de D. Avelino Vicente, diante do supermercado, non acontece a o mesmo despelote?
Estamos por que se ordene o tráfico, pero de xeito global, e non por elucubracións oníricas dalgún cerebriño pensante que cada día ten unha idea e se non sirve, logo faina desaparecer.
¿Tamén se tomaron as mesmas medidas nas proximidades dos demais colexios donde nos podemos atopar con situacións similares?
O Plan de Ordenación do Tráfico durme o sono dos xustos, algún día o Concelleiro liberado de tráfico, igual nos dá a sorpresa e fai a súa presentación.
De tódalas maneiras, si aparcar en dobre fila é sancionable, esperamos que escomencen a aplicarla Lei polos que teñen a obriga de facela cumprir, ¿Será que teñen patente de corso para facer o que lles dé a gana por enriba da Lei?
A Guarda, a 08 de outubro do 2.009
Celso R. Fariñas
Portavoz Municipal
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario