9 de out. de 2009

A GUARDA

TRAMPAS E PERIGOS NA RÚA

Trala nosa reclamación sobre o espello de tráfico na intersección das rúas Manuel Lomba, Antonio Lomba e Secundino Melón, fomos avisados por varios usuarios dos garaxes existentes neste última rúa, sobre a perigosidade nela tanto para vehículos como peatóns que por ela circulan.
Ainda que o estado desta rexilla fala por sí solo, as obras que se estiveron levando a cabo neste lugar, provocaron que varias das lousas estén rotas e algunhas bastante levantadas o que implica maior risco para todos.
Por todo elo, dende Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a solicitar que se tomen as medidas necesarias de seguridade a fin de evitar accidentes, e se den as órdenes oportunas para o arranxo da mesma por parte de quen corresponda, ven sexa o Concello ou a /as empresa/s que tiveron actuacións nese lugar.


A Guarda, a 09 de octubro do 2.009




Celso R. Fariñas
Portavoz Municipal
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL

Ningún comentario:

Publicar un comentario