8 de out. de 2009

BRUXELAS

BRUXELAS ACOLLERÁ UNHA XORNADA DE PROMOCIÓN DA LOUSA OURENSÁ

Infogauda / Bruxelas

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Moisés Blanco, reuniuse hoxe co director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo Aller, quen lle ofreceu a posibilidade de levar a cabo de maneira conxunta varias iniciativas para promover os produtos ourensáns a nivel europeo. Entre os acordos máis destacados, atópase a posibilidade de celebrar, a través da Fundación Galicia Europa, unhas xornadas para proxectar no mercado comunitario a lousa ourensá .
O encontro celebrouse en Bruxelas, onde Blanco e Gamallo se atopan estes días en visita institucional, e nel tratouse tamén a necesidade de afondar na colaboración entre ambas institucións para fomentar a participación da Deputación en proxectos europeos. Así mesmo, a Dirección Xeral e a Fundación Galicia Europa amosaron a súa disposición de cara a abrir novas vías de colaboración para a promoción de Ourense nos eidos económico e turístico e para a defensa dos seus intereses en Europa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario