¡MÁIS SERIEDADE, SEÑOR ALCALDE!
(Remitido)
Acabamos de conseguir copia da documentación presentada diante da Administración Autonómica, por medio da cal, o Concello de A Guarda, remite o que para o Sr. Alcalde e algún "amigo" é o trazado do Camiño Portugués pola Costa.
Non entendemos, e non aceptamos, que un traballo que se estivo desenrrolando durante máis de catro anos, por equipos de goberno anteriores, se esté estragando, por mandalo, tarde, mal e como se iso fora unha cara.
Cando solicitamos no seu momento a colaboura da Asociación de Amigos dos Pazos, o fixemos ca seriedade de dar inicio a un traballo que no longo do tempo, se poidera utilizar cara o futuro, e que se axustara o máximo posible a realidade do trazado das vías existentes en épocas anteriores por aquelas persoas que cruzaban o Miño e pasando polo noso pobo, se desplazaban cara a Compostela.
O mesmo fixemos, cando solicitamos documentación a distintos historiadores da nosa bisbarra, para que dito proxecto non fose rechazado.
Cando vemos que se eliminan rúas seculares, e se diseña o seu paso por camiños modernos, abertos moitos anos despois, podemos entender, que dende algunhas asociacións e diversos persoeiros, critiquen a falla de seriedade coa que se están facendo as cousas.
Non queremos entrar en pequenos detalles, pero sí, nos gostaría saber, o porqué a desviación hacia a igrexa parroquial polo simple feito de que na actualidade existe unha pintura do Apostolo. "Os ideologos" deste trazado, saben da súa procedencia? Saben dos anos que leva alí colocada?
Pero ademais, quen entende que se elimine do trazado a antiquísima Vía Sacra, que dende o Hospital de San Marcos ía hacia a Capela da Guía?
E que podemos decir do trazado que fan cara o Mosteiro de Oia? Con cousas como estas é porque non nos toman en serio.
Non queremos decir que o trazado que se fixo no séu momento, seguindo as referencias históricas das que se dispoñían, non precisara algúns retoques, pero diso ao que se trazou agora, hai un abismo.
Creemos que o traballo que no séu momento fixeron os Amigos do Pazos, é unha boa referencia para sinalizar unha boa parte do trazado, ca ventaxa que na maioría do séu recorrido está documentado.
Dende Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, consideramos que o que se hixo nestes momentos, é bastante esperpéntico e fala moi pouco ben, da seriedade do Concello de A Guarda, nun tema que debera ser estudado a fondo por quenes teñen a responsabilidade de plantexalo e presentalo diante das distintas institucións que avalan ditos trazados.
A Guarda, a 16 de setembro do 2.009
Celso R. Fariñas
Portavoz Municipal
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
Ningún comentario:
Publicar un comentario