ULTIMOS DÍAS PARA MATRICULARSE NA ESCOLA DE ARTES E OFICIOS
Infogauda / Ourense
A Escola de Artes e Oficios Artísticos da Deputación de Ourense (ubicada na Praza Maior da cidade) pecha o seu prazo de matrícula o vindeiro día 30 de e pódese formalizar a correspondente inscripción, en horario de secretaría de 10:00 a 13:00 horas.
A veterana institución, promov ida e financiada pola Deputación provincial, imparte clases de debuxo para pintura, debuxo artístico, pintura, talla en madeira, modelado e vaciado, cerámica-alfareiría e esmalte de cerámica.Nestas disciplinas matricúlanse anualmente entorno a 250 persoas, que participan das diferentes clases formativas (eminentemente prácticas) de maneira gratuita, en horario diario de 19:00 a 21:00 horas.A Escola Provincial de Artes e Oficios Artísticos ten unha longa historia, recollida no libro “Más de cien años en la vida de Ourense. Escuela Provincial de Artes y Oficios”, escrito por Alberto Pascual e no que se recollen os aspectos máis salientables do seu primeiro século de vida.Coa xubilación do anterior director, Alberto Pascual Carballo, a dirección da esccola foi asumida cara o novo curso polo director do Centro Cultural da Deputación, Francisco González.
Ningún comentario:
Publicar un comentario