26 de set. de 2009

CAMPOSANCOS

A SUPERFICIE QUE OCUPABA A FÁBRICA DE TERRAZOS PASARÁ A SER DE DOMINIO PÚBLICO






Infogauda / Camposancos


Logo dos correspondentes trámites seguidos, de acordo coa lexislación vixente, a que fora fábrica de Terrazos del Miño -e posteriormente Abrasivos del Miño -, en Bouza da Fonte (Camposancos), que dera traballo a unha boa nómina de traballadores da contorna, está sendo derrubada na súa totalidade. Os traballos rematarán en cousas de días e unha vez retirados todos os entullos, a superficie incorporarase o dominio público. Dese xeito dase cumprimento a resolución do Consello de Ministros que en data 24 de julio de 2008 acordou a declaración de utilidade pública da adquisición, por medio da Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, da finca “Terrazos del Miño” no termo municipal de A Guarda (Pontevedra) para súa incorporación o dominio público marítimo-terrestre.
A finca, segundo a información rexistral, é a nº 4.831, con inscripción 2ª no Rexistro da Propiedade de Tui, con una superficie construida de 2.792,50 m2, e unha superficie total do terreo de 10.300 m2.

Para saber máis, premer aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario