O CONCELLEIRO PORTAVOZ DO GRUPO MUNICIPAL TERRA GALEGA - INICIATIVA VECIÑAL AFIRMA QUE Ó PRIOR DA IRMANDADE DO CLAMOR "ESCAPÓUSELLE O PROTOCOLO"
Sr. PRIOR DA "HERMANDAD DEL CLAMOR"
Quero poñerlle estas verbas, a Vde., que nas xuntanzas do Padroado Municipal "Monte Santa Trega", cando as cousas non van ben, sempre fala de armonía, e outras lindezas, que nesta ocasión escapóuselle o "protocolo", e non por desconocemento de causa, xa que como sinalo máis arriba, Vde., forma parte dunha entidade municipal na que están representados entre outros, tódolos partidos políticos con representación no Concello.
Non é tan difícil que a algunhas persoas se lles vexa o "plumeiro" e ubicación ideolóxica, pero de ahí a cumplir cas normas de convivencia vai un largo treito, e iso quedou reflectido nos pasados actos da celebración do día de Santa Trega, no que, aparte de cumprir cas invitacións de rigor para os actos religiosos e lúdicos da romaría, invitando aos diversos representantes como se fixo sempre, incorporou a UN dos grupos da oposición, esquecendo a outros.
Por protocolo e por algo máis, debería haber invitado a tódolos grupos, e logo cada ún aceptaría ou non ese convite.
Quero deirxarlle claro, que ao igual que outros anos, o grupo político que suscribe, non estaría presente, xa que ten moi claro cal debe ser o tratamento e separación de poderes que deben ter os actos relixiosos nún estado que se dí aconfesional ou laico.
Polo anterior, unha cousa é que cumpla co formulismo de tratar a todos por igual, e logo cada ún ten a liberdade de decidir.
Como decía certo persoeiro, "sen acritude" pero deixando as cousas claras, espero que non siga cometendo erros desta maneira, ainda que alá Vde., como queira facer as cousas.
Fago esta nota para deixarlle claro a aquelas persoas que preguntaron o troco na representación institucional e municipal acontecida este ano, e si o trato había sido igual para os demais grupos políticos, deste xeito, evito ter que estar dando moitas máis explicacións e clarifico o que aconteceu.
A Guarda, a 27 de setembro do 2.009
Celso R. Fariñas
Portavoz Municipal
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
Ningún comentario:
Publicar un comentario