CELEBROUSE O MERCADILLO DE OPORTUNIDADES NO ROSALReportaxe: Concellaría de Cultura / O Rosal
Fotografías: Juan Ramón Martínez Barbosa
O pasado domingo 6 de setembro e organizado pola Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR) tivo lugar un novo Mercadillo de Oportunidades na Praza do Calvario do Rosal.
Segundo José Martínez González (Pepe Berdeal), presidente de ACOR, aínda que o día foi moi caluroso os comercios que se deron cita na praza da vila saíron satisfeitos en canto ao número de visitantes, clientes e posteriores ventas.
Sorteouse esta vez unha bicicleta de montaña entre os clientes do mercadillo que gañou Alicia Rodríguez, de Burgueira. Así mesmo tivo lugar tamén o II Taller de Debuxo para nenos e nenas impartido por Esther Moe. O debuxo gañador – da autoría de Claudia Marcelli Carballido - será o cartel anunciador da seguinte Feira-Mercadillo.
Colaboraron con ACOR, a Federación Galega de Comercio, o Concello do Rosal, a Federación Provincial de Comercio de Pontevedra e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Ningún comentario:
Publicar un comentario