9 de set. de 2009

A GUARDA

II RUTA DA TAPA

Aberto o prazo de inscripción



Ábaco / A Guarda
Mediante a presente nota, a Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios Ábaco abre o prazo de inscripción, dende o vindeiro martes día 15 e ata o venres 18 de setembro en horario de 9 a 1 da tarde e de 4 a 7 da tarde, para establecementos asociados que desexen participar na campaña gastronómica “II RUTA DA TAPA”.
É o éxito acadado na primeira edición, con máis de 250 participantes premiados e 400 pasaportes depositados nas urnas desplegadas nos establecementos participantes, o que impulsa e fai posible que cheguemos este ano a unha segunda edición.
O próximo martes día 15 de setembro celebrarase unha reunión ás 5:30 da tarde nas oficinas da Asociación Ábaco, na Rúa Manuel Lomba nº 7 – baixo (A Guarda), na cal se explicarán as bases desta campaña gastronómica e se entregarán as Follas de Inscripción para todos os interesados.
Recordamos que non se aceptarán incripcións fora do prazo establecido e que éstas quedarán rexistradas por riguroso orde de chegada.

A Xunta Directiva

Ningún comentario:

Publicar un comentario